CIENCIAS SOCIAIS:
UNIDADE 7: ESPAÑA NA IDADE MEDIA
1º. Ler varias veces "Os reinos xermanos e a conquista musulmá". Páxina 104 e 105.
2º. Ver os vídeos sobre a Idade Media:
LA EDAD MEDIA PARA NIÑOS
EDAD MEDIA HAPPY LEARNING
VÍDEOS SOBRE LA EDAD MEDIA (opcional)
3º. Actividades: 1, 2 e 3 da páxina 105, no caderno de ciencias.
CELEBRACIÓN: DÍA DO LIBRO
Hoxe, xoves 23 de abril, celebramos o Día do Libro, co obxectivo de fomentar a lectura entre os máis cativos e cativas. O confinamento non é un inconveniente para gozar dela, máis ben ao contrario, os libros invítannos a viaxar, iniciar historias incribles, saír das nosas casas e somerxinnos en universos alternativos.
A continuación, tedes unhas actividades moi divertidas que podedes realizar para celebrar o día do Libro:
Gymkana do libro
Santillana pon á vosa disposición pequenos vídeos nos que autores infantís recoñecidos, decidiron participar, dende as súas casas, lendo fragmentos das súas obras máis importantes, contando unha historia... Para poder ver estes vídeos, pinchade aquí: AUTORES LENDO HISTORIAS
Ademais, cada clase de 5º realizará un conto colaborativo , que cando estea rematado subirase ao blogue para que todos poidamos gozar del léndoo.
💪😊😘
No hay comentarios:
Publicar un comentario