domingo, 27 de septiembre de 2020

CIENCIAS SOCIAIS: AS COSTAS DE ESPAÑA

 AS COSTAS DE ESPAÑA

España ten unha ampla costa bañada polo mar Cantábrico, o océano Atlántico e o mar Mediterráneo. 

A costa de España divídese en 3 sectores:

  • A costa cantábrica
  • A costa atlántica. 
  • A costa mediterránea.


A COSTA CANTÁBRICA 

Está ao norte da Península Ibérica e esténdese desde a fronteira de Francia ata a Punta de Estaca de Bares. 

Inclúe o País Vasco, Cantabria, Asturias e parte de Galicia. 

É unha costa acantilada, con amplas rías (Ría de Nalón) e poucas praias. 

Accidentes xeográficos máis importantes: 

  • Golfo de Biscaia. imaxe
  • Cabo de Matxitxako (País Vasco). imaxe
  • Cabo de Ajo (Cantabria). imaxe
  • Cabo de Peñas (Asturias). imaxe 
  • Estaca de Bares (Galicia, A Coruña).  imaxe

A COSTA ATLÁNTICA

Esténdese dende a Estaca de Bares ata o Estreito de Xibraltar. 
Distínguense 3 zonas: 
  • Costa galega.
  • Costa andaluza. 
  • Costa canaria. 

COSTA GALEGA



Ocupa dende a Estaca de Bares ata a fronteira con Portugal, na desembocadura do ría Miño. 
É uha costa rochosa e recortada, con moitas rías. 
Destaca: 
Rías de Ferrol e Muros.  imaxe Ría de Ferrol
Rías de Arousa.
Rías de Pontevedra e Vigo.  
Cabo de Ortegal. imaxe
Cabo de Fisterrre.  imaxe

COSTA ANDALUZA




Esténdese dende a fronteira de Portugal ata a Punta de Tarifa. 
É unha costa baixa, areenta e chá, con moitas praias, marismas e dunas. 
Destaca: 
O Golfo de Cádiz 
O Cabo de Trafalgar  (Barbate, Cádiz) imaxe
A Punta de Tarifa imaxe
O Estreito de Xibraltar  imaxe


COSTA CANARIA



Son costas altas e rochosas nas illas con relevo abrupto: La Gomera, El Hierro, La Palma, Tenerife e Gran Canrias. 
En Lanzarote e Fuerteventura, son costas máis suaves, baixas e grandes praias.


COSTA MEDITERRÁNEA

Esténdese polo leste e sur da Península Ibérica, Illas Baleares, Ceuta e Melilla dende o Estreito de Xibraltar ata a fronteira de Francia. 
É a máis extensa e ten 4 zonas: 
  • Costa mediterránea de Andalucía.
  • Costa levantina. 
  • Costa catalá e balear.
  • Costa de Ceuta e Melilla.
COSTA MEDITERRÁNEA DE ANDALUCÍA


Alterna amplas zonas chás con acantilados. 
Destaca: 
  • O Cabo de Gata. imaxe
  • O Golfo de Almería. 

COSTA LEVANTINA



Comprende as costas da Rexión de Murcia e a Comunidade Valenciana. Ten amplas praias. 
Destaca: 
  • Cabo de Palos. (Cartaxena, Murcia). imaxe
  • Cabo de La Nao. (Jávea, Alicante). imaxe
  • O Mar Menor (Albufera de auga salgada na rexión de Murcia). imaxe
  • A Albufera de Valencia. imaxe
  • O Golfo de Valencia. 

COSTA CATALÁ E BALEAR



Alternan costas altas e rochosas con costas baixas e areentas (calas). 
Destaca: 

COSTA DE CEUTA E MELILLA


A costa de Ceuta é baixa e areenta. 
A costa de Melilla é alta e con acantilados. 


XOGOS PARA REPASAR  👈👀










miércoles, 23 de septiembre de 2020

 HOLA TOD@S!!! Benvidos a este novo curso!!! 👀👋

Como vos dixen na clase de Ciencias Sociais, vouvos deixar unha serie de enlaces a xogos interactivos para repasar de xeito máis doado e divertido o relevo de España. Espero que vos sirva de axuda!

Nos xogos os nomes das unidades de relevo están en castelán, intentade memorizalos en galego, aínda así o importante é saber situalos no mapa de España. 

Mapa interactivo

Picos y sierras

 Juego de geografía

Relieve de España


Tamén déixovos un vídeo explicativo de repaso. 

Vídeo explicativo


Espero que vos sirva de axuda! Ánimo, vós podedes! ✌💪😎