Boas tardes!
Hoxe, a vosa compañeira de 5ºA, Aroa, mandounos ao correo electrónico unha fotografía dunha manualidade moi orixinal con ovos que fixo durante a Semana Santa. Explicounos os pasos a seguir para que vos tamén vos animedes a facela e pasar un bo anaco na casa.
As súas instrucións foron as seguintes:
Colles un ovo e faslle dous buracos, un arriba e outro abaixo, e sopras para baleiralo ben. Cando está baleiro méteo en vinagre para que se poida pintar mellor. Despois, píntao e decórao como queiras e pégalle cousas e déixao secar.
Moitas grazas Aroa por compartir con nós.
Se algún de vós realiza algunha manualidade ou actividade que lle poida resultar interesante aos vosos compañeiros e compañeiras, enviádenola ao correo e compartirémola no blogue. 💪😃👀
No hay comentarios:
Publicar un comentario