martes, 31 de marzo de 2020

LIBROS DE LECTURA PARA DESCARGAR GRATUÍTOS


Deixámosvos o enlace a unha páxina web onde podedes descargar libros de lectura gratuítos. Hai libros de diferentes editoriais: Baía Edicións, Bruño, Anaya, Xerais, Santillana...

https://bibliolulu.blogspot.com/

Ademais a Xunta de Galicia abriu a todo o público o seu catálogo dixital con máis de 4.500 obras. Podedes acceder ao préstamo de todos os contidos dixitais da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Isto inclúe libros en galego e castelán, e noutros idiomas como inglés. Tamén tedes acceso a máis de 3000 obras audiovisuais galegas e publicacións de revistas.

Como podedes acceder?
 É sinxelo, só tedes que entrar no portal https://www.galiciale.gal/ e rexistrarte como usuario cubrindo os teus datos persoais.


Agora que tedes tempo para ler e está a piques de chegar Semana Santa é un momento espectacular para ler todos os días un pouquiño. Sabedes que a lectura é moi beneficiosa para nós: mellora a expresión oral e escrita, desenvolve a nosa imaxinación e creatividade, mellora a comprensión lectora, desenvolve a nosa personalidade... Por este motivo, é necesario adquirir un hábito de lectura diaria.

Botádelle unha ollada!!!



ANIMAIS EN 3D NA TÚA CASA


Ola! Sabedes que co buscador @Google podedes levar animais en 3D á vosa casa?
É tan fácil como buscar un animal en Google e buscar a opción “muestra en 3D”! (debaixo está a súa descrición). Non funciona con todos os animais pero podédevos divertir un anaco invitando a pingüíns, quenllas, polbos, tartarugas, tigres... e outros animais ao voso comedor ou en calquera lugar da vosa casa!
Hai que dicir que non funciona con todos os dispositivos... Estes teñen que ser compatibles.
Se vos funciona, podedes pasar un bo anaco xogando, modificando a medida, facéndolles fotos e vídeos! 🐙🐂🐟🐵🐬🐈

Neste vídeo podedes ver algúns dos animais dispoñibles: https://www.youtube.com/watch?v=H-2c16afJuA





NOVAS TAREFAS DE INGLÉS



HAPPY EASTER!!

Semana do 30 ao 3 de Abril

Como xa queda pouquiño para Easter, esta semana imos facer as actividades dos libros que temos sobre esta celebración.
No Pupil´s Book  tedes que ler os exercicios 1 e 2 da páxina 70. Despois ides ao Activity Book e facedes os exercicios 1, 2 e 3 da páxina 86.
Mándovos tamén algunhas  ideas de manualidades de Easter que podedes facer durante estes días.
Un saúdo e ánimo.


                                                            HAPPY EASTER AND STAY AT HOME!!


IDEAS DE MANUALIDADES:

EASTER CRAFTS


Fernanda

sábado, 28 de marzo de 2020

TAREFAS ESCOLARES DE MÚSICA

A continuación deixámosvos as actividades de Música que vos preparou o profe Juan. 



URXENTE

Ola!

Necesitamos saber que nenos e nenas teñen na casa unha frauta para as actividades de Música. 

Enviádenos canto antes un correo electrónico. 

Grazas 

viernes, 27 de marzo de 2020

BAILA CONTRA O CORONAVIRUS!!! 💃💃




O "mestre_Diego" inventou unha letra e un baile contra o Coronavirus moi pegadizo!!! Animámosvos a mover o esqueleto ao ritmo desta canción!!!



CANCIÓN   💃💃

🎬🎬RETO DE PELÍCULAS CON EMOJIS🎬🎬


Ola a todos e a todas!!

Está a piques de chegar a fin de semana e para pasar un bo anaco en familia, propoñémosvos adiviñar o título das seguintes películas con "emojis". 

Aceptades o reto?? 😏😎



jueves, 26 de marzo de 2020

Actividades de Educación Física

Deixámosvos uns xogos da oca moi particulares, que vos servirán para facer exercicio despois de facer as vosas tarefas escolares. Esperamos que vos gusten!
Por outra banda, a oficina de turismo de Sanxenxo pon en marcha unha actividade moi chula que podedes ver no enlace.
Debuxo oficina turismo
Xogo da Oca
Xogo Oca 2

EXPLICACIÓN: O VERBO



PINCHA AQUÍ PARA VER A EXPLICACIÓN:

EXPLICACIÓN DO VERBO



miércoles, 25 de marzo de 2020

SEGUIMOS COA LIGA DE CÁLCULO... ⚽⚽





652168 : 891                                              873502 : 67

364968 x 358                                             973825 x 647

7953864 + 4682387                                   957,824 + 74,3689

7341828 - 4652719                                    9629,468 - 582,6742

Continuamos coa liga que estabamos levando a cabo no centro, xa que este parón non vos vai a parar as vosas habilidades matemáticas. Adiante!!
As puntuacións sumaranse as que tiñades coas vosas parellas. Recordade a importancia de colocar ben as contas, ademais de facer os números limpiños. Para isto, non lle pidades axuda aoa vosos familiares, trampulláns!👀
Teredes que facelo nunha libreta, sacarlle unha foto e enviarlla ao correo da profe Vane ou do profe Joel, antes de mañá xoves ás 14.00 horas.

martes, 24 de marzo de 2020

GUÍA DE SUPERVIVIENCIA PARA NON ABURRIRSE NA CASA😎


Bos días!👋😊 

Levantade ese ánimo! 💃Non todo vai ser traballar! Tamén hai que desfrutar en familia! Por este motivo, compartimos con vós unha guía con moitísimas actividades para non aburrirse na casa. Na guía podedes atopar: películas, visitas a museos virtuais, receitas, libros e contos, vídeos con exercicios físicos, concertos, manualidades, radio online, videoxogos, teatro, xogos para repasar...  Hai tanto actividades para os máis cativos como para os adultos! Animámosvos a pegarlle unha ollada! 
ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!! 😎

GUÍA DE SUPERVIVENCIA PARA NON ABURRIRSE NA CASA

UNIDADES DE LONGITUD, MASA Y CAPACIDAD

A continuación, compartimos con vosotros una serie de vídeos donde se explican las unidades de longitud, masa y capacidad y los  cambios de una unidad a otra. 

UNIDADES DE LONGITUD. CAMBIOS DE UNIDADES.

UNIDADES DE MASA. CAMBIOS DE UNIDADES.

UNIDADES DE CAPACIDAD. CAMBIOS DE UNIDADES.


lunes, 23 de marzo de 2020

Galicia

Hai 8 anos, creouse este anuncio que ben se pode aplicar os tempos actuais.
Vivamos como Galegos

NOVAS TAREFAS ESCOLARES.

Boas tardes a todos e todas!

Antes de nada, felicitar a todos os pais, nais, alumnos e alumnas polo esforzo que estades mostrando durante esta primeira semana de corentena. É importante, a pesar das circunstancias, non deixarnos levar polo desanimo e facer un pequeno esforzo cada día, pois todos xuntos sairemos máis reforzados desta situación. Moito ánimo!!! Sodes uns campións e campioas!!! 😀💪🙌

A continuación deixámosvos as novas tarefas escolares a realizar ata despois de Semana Santa. Recordade, non as debedes facer todas de golpe, nin deixalas para o último día!!!  🙏 Sería recomendábel distribuílas por días seguindo o horario habitual da clase.🕐 


Estas tarefas son para comezar con elas mañá, martes 24 de marzo. 

NOVAS TAREFAS ESCOLARES PARAS 5ºA E 5º B


A profesora de inglés déixavos esta mensaxe:

Bos días a tod@s:

Para os que xa remataran as actividades dos libros, ou para os que por calquera razón non os puideron facer, envíovos esta proposta de actividades que podedes imprimir ou facer directamente na libreta ou nun folio.
Un saúdo e moito ánimo.

NOVAS TAREFAS DE INGLÉS




Se tedes calquera dúbida ou problema, poñédevos en contacto con nós a través do correo electrónico.




Seguimos lendo

A lectura ten unha enorme importancia e máis na situación que estamos vivindo. Recordámosvos o fundamental que é para a voso desenvolvemento, ler todos os días un mínimo de 20/30 minutos. Un dos xéneros que máis vos gusta é o do cómic, por iso deixamos a continuación un para que o disfrutedes.
Mortadelo e Filemón

sábado, 21 de marzo de 2020

Aprendemos en casa TV


El Ministerio de Educación y Formación Profesional y RTVE lanzan ‘Aprendemos en casa’ para facilitar el aprendizaje de todo el alumnado durante la suspensión de clases presenciales
‘Aprendemos en casa’ es una programación especial de televisión para paliar la falta de clases presenciales motivada por la crisis del coronavirus.
Con cinco horas diarias de programación educativa, está dirigido a estudiantes de entre 6 y 16 años y se emitirá en abierto a partir de este lunes en la franja matinal de Clan TV y La 2 de TVE.
La franja de edad para 5º será emitida en Clan TV todos los días de 11:00 a 12:00 horas.

Edades
Lunes
Martes
Miércoles
Jueves
Viernes
10-12 años
Mates
 Sociales
Artística/
Ed. Física
Lenguas/
idiomas
Naturales

Tedes o enlace con toda a información:
Clases por TV



Sexamos resposanbles e quedémonos na casa! 

viernes, 20 de marzo de 2020

URXENTE

Non sabemos se a información chegou a todas as familias, posto que aínda hai nenos e nenas dos que non temos noticias. Para poder comprobalo e que ninguén se quede fora da actualización permanente e teña as mesmas oportunidades de proseguir coas tarefas programadas, solicitamos as familias que enviedes un correo electrónico saudando e dicindo quenes sodes as seguintes contas:
vanessavaleroiglesias@edu.xunta.es
brillantina4b@gmail.com

Iniciativa solidaria


Como sabedes, a situación actual fai que moitas persoas teñan que estar ingresadas e illadas de todo o mundo:familia, amigos, etc. Polo que para facerlle máis levadeira a recuperación, dende algúns hospitais facilítannos varias direccións de correo electrónico para que lles escribamos cartas de apoio e ánimo.
É unha boa oportunidade para escribirlles algo que os anime, facerlles un debuxo ou calquera idea que teñades.
A modo de exemplo podedes poñer só o voso nome de pila, idade, e a mensaxe que queredes enviar. Deixovos as direccións (se alguén sabe a dirección dalgún hospital galego que a comparta):

Hospital Clínico San Carlos                                   
apoyoclinicosancarlos@gmail.com             
Hospital La Paz       
unidosenlacuarentena@gmail.com
Hospital Severo Ochoa
juntoscontraelcovid@gmail.com
venceremos.covid19@gmail.com                         
Hospital Ramón y Cajal
covidryc@gmail.com
Hospital Gregorio Marañón
Apoyocovid.HGUGM@gmail.com
Hospital La Princesa
cartas.venceremos.covid19@gmail.com
Hospital de Leganés
juntoscontraelcovid@gmail.com
Hospital 12 de Octubre
esperoquetemejores@gmail.com
Hospital de Fuenlabrada
esperanzacovidhf@gmail.com
 Hospital de Alcorcón
cartashospitalalcorcon@gmail.com
CASTILLA-LA MANCHA
Hospital de Toledo                                                  
cartaspacientes@gmail.com                                    
ANDALUCÍA
Hospital de Málaga                                          
Unidosvenceremos.cartas@gmail.com

TARXETAS DIVERTIDAS PARA PASAR OS DÍAS EN FAMILIA

Aquí deixámosvos unhas tarxetas divertidas para pasar os días en familia. Consiste en un xogo de cartas onde os nenos e nenas poden poñer en práctica a creatividade e a improvisación. Xa que temos que pasar moitas horas na casa podemos aproveitar para falar máis entre nós e que aprendan de forma lúdica e divertida. Podedes adaptar as tarxetas aos vosos gustos e necesidades. 

Espero que estas ideas vos sirvan para afrontar os días da mellor maneira posible. 😉🙌


TARJETAS DIVERTIDAS PARA PASAR LOS DÍAS EN FAMILIA




Grazas á #laclasede_Loida por compartir con nós este material tan interesante. 

jueves, 19 de marzo de 2020

IDEAS FÁCILES PARA XOGAR NA CASA!!! 😎🙌

Xa que estes días temos que permanecer moitas horas na casa🏠, queremos compartir con vós algunhas ideas sinxelas para facer estas horas máis levadeiras. Espero que vos gusten!!!! Xa nos contaredes!! 🙌💗

IDEAS PARA XOGAR NA CASA EN FAMILIA


Ademais deixámosvos unha colección de contos breves para ler na casa. 

CUENTOS PARA QUEDARSE EN CASA



Tamén vos deixamos esta páxina onde podedes facer un tour vitual dende a casa a 10 museos famosos.
  
TOUR VIRTUAL A 10 MUSEOS DENDE A CASA

Santillana ofrece gratis unha aplicación con libros e xogos da súa aula virtual de aprendizaxe para nenos/as durante o periodo de coronavirus. Nela podedes repasar e reforzar as materias con contidos lúdicos e libros de lectura. 


 XOGOS INTERACTIVOS SANTILLANA   


Para finalizar, tedes un conto moi sinxelo e breve que vos pode servir para comprender o Coronavirus e as recomendacións de hixiene que temos que levar a cabo para coidarnos e coidar aos demais. 

BAILAREMOS BAJO UNA ESTRELLA

miércoles, 18 de marzo de 2020

XOGO INTERACTIVO "A POBOACIÓN DE ESPAÑA E DE EUROPA"



Bos días, nenos e nenas de 5º A! Son Vanessa.

Como sabedes, ante este acontecemento imprevisto😓, non puidemos facer un repaso global da unidade 6 de Ciencias Sociais "A poboación de España e de Europa". Por este motivo, elaborei un xogo interactivo cunha serie de preguntas para repasar e reforzar os contidos da unidade, que tan ben explicaron os nosos compañeiros e compañeiras de clase (Dany, Julia, Yago e David Castro)😀💓

Este cuestionario non é avaliable, simplemente é un xogo para repasar de forma lúdica e divertida. Espero que vos guste!!!
💪💣😎

XOGO INTERACTIVO

INSTRUCCIONES DE ENTRAR:

Entrar en el juego. Darle a PRÁCTICA. JUGAR. Y cuando os salga un cuadro, donde os pide un usuario y contraseñal,  tenéis que cerrar la pestaña (en la cruz). Luego ya podéis jugar.

Si tenéis alguna duda, dejarme un comentario en la entrada.

LIBROS DE TEXTO DIXITAIS


Aqueles nenos e nenas que non teñan os libros de texto na casa, poden solicitar ao titor ou titora, a través do correo electrónico, as claves de acceso á Aula Virtual Santillana. Nesa aula virtual teredes á vosa disposición todos os libros dixitais, simplemente necesitades un ordenador ou tableta e acceso a Internet. 


martes, 17 de marzo de 2020

CORREO ELECTRÓNICO DA PROFE VANESSA


Deixámosvos aquí outro correo electrónico para que vos poidades poñer en contacto coa profe Vanessa ante calquera dúbida ou problema. 



vanessavaleroiglesias@edu.xunta.es

VIII certame relato curto

Un relato curto narra unha historia ficticia nun pequeno espazo de tempo, con poucos personaxes, con descricións breves e escasas divagacións.

Como ben sabedes estamos a crear relatos curtos que deberes enviar aos profes e os que queiran poden participar ademais no certame. Os principais obxectivos deste certame son: fomentar a creatividade do alumnado, potenciar a expresión e comprensión escrita e estimular o uso do galego.
Deixámosvos as BASES para os participantes:
Os relatos deberán ser orixinais, inéditos, non premiados noutros certames, de temática libre e escritos en lingua galega.
Só se poderá presentar un relato que terá unha extensión mínima de 200 palabras e máxima de 300. Deberá estar escrito en Times New Roman, tamaño 12 puntos e interliñado de 1,5.
Os relatos enviaranse en formato .DOC, .DOCX ou .ODT ao enderezo de correo electrónico: certame.relatocurto@nontedurmas.org
4º Enviaranse dous arquivos no mesmo correo:

1. Denominado DATOS (este arquivo é para a organización) no que figurará o relato completo e os seguintes datos do/a participante:
• o pseudónimo utilizado
• o nome e apelidos do autor/a
• o curso do alumno/a
• o centro escolar onde estuda o alumno/a
• o correo electrónico persoal
• o teléfono persoal
• o relato
2. Denominado RELATO (este arquivo é para o xurado) no que figurará:
• o título do relato
• o relato
• o pseudónimo utilizado
• a categoría (primaria, secundaria, bacharelato/formación profesional
ou adultos).

5º O prazo de envío dos textos finalizará o 29 de marzo de 2020.



TEMA 9. MATEMÁTICAS: LIBRO,EXPLICACIÓNS E XOGOS


Aquí tedes un documento co tema 9 do libro de Matemáticas "as fraccións decimais e porcentaxes" para aqueles nenos e nenas que non teñan libro na casa. 

LIBRO MATEMÁTICAS. UNIDAD 9

Deixámosvos tamén unha serie de imaxes e vídeos que vos poden servir de axuda para facer os exercicios. 💪😎

  • FRACCIÓNS DECIMAIS:
                                      





  • PORCENTAXES: 

VER ESTE VÍDEO SOBRE AS PORCENTAXES👀👀
 https://www.youtube.com/watch?v=fZSsUQKM47k&list=RDCMUCb_KH0wa1yA7bCFxa1xPlOQ&start_radio=1&t=0


No seguinte enlace podedes atopar moitos XOGOS INTERACTIVOS.

http://yolandapalencia.blogspot.com/2017/02/tema-8-fracciones-decimales-y.html

lunes, 16 de marzo de 2020

TAREFAS DE RELIXIÓN


A profesora de Relixión deixavos no seguinte enlace as tarefas desta materia. 👀




Informamos que as tarefas de música se irán subindo durante a semana. Estade atentos ao blogue! 👀

Aviso importante libros

Comunícannos dende o centro que aqueles alumnos ou alumnas que necesiten ir ao cole a por libros, libretas ou material, só poderán facelo mañá martes 17 en horario de 10:00 a 13:00 horas e sempre mantendo as recomendacións das autoridades sanitarias.
Grazas

HORARIO

Aquí vos deixamos un exemplo de horario que nos pareceu moi interesante e vos suxerimos que o empreguedes na medida do posible. É moi importante ter unhas rutinas e variar as actividades que facedes na casa, para non caer na monotonía. Pinchade no enlace.

HORARIO

TAREFAS ESCOLARES A REALIZAR


A continuación deixámosvos as tarefas escolares a realizar durante os días de peche do colexio. Irémolas subindo por temas e dándovos un prazo para realizalas. Non as debedes facer todas de golpe!!!  🙏 Sería recomendábel distribuílas por días seguindo o horario habitual da clase.🕐 Por exemplo, se o luns temos matemáticas, lingua, lengua e naturais; pois facedes, como na clase, os exercicios do apartado correspondente. 

O próximo luns 23 subiremos as novas tarefas a realizar. Estade moi atentos!!!👀

Os nenos e nenas que non teñan os libros de texto na casa e, que non poidan asistir ao centro a recollelos, que se poñan en contacto con nós a través do correo electrónico. 


  • TAREFAS ESCOLARES 5º A 📝
  • TAREFAS ESCOLARES 5º B 📝
  • TAREFAS DE INGLÉS PARA 5ºA E 5º B 📝

Se durante a realización das tarefas tedes algunha dúbida 🔔, podedes poñervos en contacto con nós a través dos seguintes correos electrónicos:


CORREO ELECTRÓNICO DA "PROFE VANESSA": 💌

quintocursoportonovo@gmail.com


CORREO ELECTRÓNICO DO "PROFE JOEL": 💌

brillantina4b@gmail.com


Ademais, podedes deixarnos comentarios nas entradas do blogue. 

Moitas grazas 😘




sábado, 14 de marzo de 2020

BENVID@S Á NOSA CLASE VIRTUAL!!


Bos días nen@s!😀 Os profes de 5º dámosvos á benvida á nosa clase virtual!!!! 👋 Ante o peche temporal da escola, empregaremos este blog para organizar as tarefas escolares por materias. Ademais incluiremos recomendacións, recursos online de repaso, vídeos explicativos... É moi importante non perder o ritmo e establecer unha rutina diaria, pois estamos na metade do curso!!! Temos que facer un último esforzo!!!🙆 Ánimo!! 💪💪En breves estaremos de novo xogando no recreo e aprendendo moitísimas cousas xuntos na clase!! 💞😘😘✌