lunes, 19 de octubre de 2020

A CIRCULACIÓN II. CIENCIAS NATURAIS

 A CIRCULACIÓN DO SANGUE

O proceso circulatorio é un circuito pechado que se inicia e finaliza no corazón. 

O corazón latexa sen parar, realizando dos movementos, que impulsan o sangue por todo o corpo: 

- DÍASTOLE - RELAXACIÓN

-SÍSTOLE - CONTRACCIÓN 

As cavidades dereitas (aurícula e ventrículo dereito) son as que impulsan o sangue que contén as substancias de refugo ata os pulmóns, para a súa eliminación. 

Nos pulmóns recóllese o osíxeno captado polo aparello respiratorio e o sangue osixenado introdúcese no corazón pola aurícula esquerda, sendo impulsada cara o corpo dende o ventrículo esquedo. 

Así, o sangue con residuos chega á aurícula dereita a través  das veas pulmonares e respártese por todo o corpo a partir da artería aorta. 


Todo o proceso circulatorio divídese en dúas partes que se denominan: 

Circulación xeral: Percorrido que realiza o sangue por todo o corpo, excepto polos pulmóns. 

O sangue chega co osíxeno á aurícula esquerda e pasa ao ventrículo esquerdo. Este contráese (sístole) e impulsa o sangue fóra do corazón pola arteria aorta. De aquí repártese a todos os órganos a través de arterias cada vez máis finas ata chegar aos capilares onde cede o osíxeno e os nutrientes e recolle o dióxido e as substancias de refugo. Os capilares reúnense para formar veas, estas vanse unindo para formas veas cavas que desembocan na aurícula dereita. 


Circulación pulmonar: É o percorrido do sangue para pasar polos pulmóns. O obxectivo e que o sangue se cargue de osíxeno e libere o dióxido de carbono. 

O sangue que se atopa na aurícula dereita  pasa ao ventículo dereito porque se relaxa (díastole). Ese se contrae (sístole) e impulsa o sangue polas arterias pulmonares chegando ata os capilares que rodean os alvéolos pulmonares para realizar o intercambio gasoso. Unha vez realizado, o sangue volve á aurícula esquerda a través das veas pulmonares. 




A CIRCULACIÓN. CIENCIAS NATURAIS

 A CIRCULACIÓN

A circulación encárgase de repartir por todo o corpo o osíxeno e os nutrientes e de recoller o dióxido de carbano e as substancias de refugo. 

O aparello circulatorio está formado polo sangue, os vasos sanguíneos e o corazón.

- O sangue: Ten dúas partes:

          - Plasma (líquido): nutrientes, substancias de refugo, dióxido de carbono...

          - Células (sólido): glóbulos vermellos  (osíxeno), glóbulos brancos (defensa), plaquetas (pechar feridas).  


- Vasos sanguíneos: condutos polos que circula o sangue. Tipos: 

       - Veas: Levan o sangue dende os órganos ao corazón. 

      - Arterias:  Levan o sangue dende o corazón aos órganos. 

      - Capilares: Conducen o sangue polo interior do corpo. 


-Corazón: Órgano musculoso que latexa continuamente para impulsar o sangue por todo o corpo. Está situado entre os pulmóns e protexido pola caixa toracica. 


O corazón está divido en dúas metades separadas por un tabique continuo. 

Cada metade (dereita e esquerda) ten dúas cámaras: AURÍCULA (chegan as veas)  E VENTÍCULO  (saen as arterias). 

Cada aurícula comunícase co ventrículo do seu lado a través dunha válvula.