sábado, 11 de abril de 2020

RECEITAS TÍPICAS DE SEMANA SANTA


Bos días a todos e todas!

Son a profe Vanessa e, como moitos sabedes, de pequena vivía en Castellón que pertence á Comunidade Valencia. Por que vos conto isto??
Porque alí é tradición comer a “mona de Pascua”. É unha sobremesa típica da Semana Santa que consiste nun bolo de fariña, ovo e azucre. A superficie do bolo decorase con ovos cocidos (a cáscara sóese pitar de cores) e pode ter diversas formas, como dalgún animal (serpe, mono, largato) e finalmente recóbrese de anisetes de cores.
Mona de Pascua | Sucre Art Receta de Mona de Pascua | Gastroagencia Como hacer mona de Pascua Valenciana - Recetas de Semana Santa

Nesta comunidade é típico que o padriño ou madriña agasalle ao seu afillado cunha mona o Domingo de Pascua e que se reúnan varias familias o Luns de Pascua para comer a mona no campo, nun parque ou ao aire libre.
Convídovos a convertervos por un instante en reposteiros e reposteiras profesionais e a preparar a vosa propia mona de Pascua. Compartide as vosas creacións culinarias con nós!
Aquí vos deixo algunhas receitas:

https://recetinas.com/mona-de-pascua-valenciana/
http://cocineraymadre.com/2017/03/13/monas-pascua-receta-tradicional/
https://www.youtube.com/watch?v=XupTvadu9IY


Miguel de 5ºB quixo compartir con nós, as súas creacións de Pascua, un bolo e un roscón que teñen unha pinta deliciosa!
Roscón Miguel
Bolo



Sabela García de 5ºA compartiu con nós, unhas exquisitas tortitas con chocolate! Mirade a súa receita e poñédevos mans á masa! 

RECEITA TORTITAS

No hay comentarios:

Publicar un comentario