martes, 17 de marzo de 2020

VIII certame relato curto

Un relato curto narra unha historia ficticia nun pequeno espazo de tempo, con poucos personaxes, con descricións breves e escasas divagacións.

Como ben sabedes estamos a crear relatos curtos que deberes enviar aos profes e os que queiran poden participar ademais no certame. Os principais obxectivos deste certame son: fomentar a creatividade do alumnado, potenciar a expresión e comprensión escrita e estimular o uso do galego.
Deixámosvos as BASES para os participantes:
Os relatos deberán ser orixinais, inéditos, non premiados noutros certames, de temática libre e escritos en lingua galega.
Só se poderá presentar un relato que terá unha extensión mínima de 200 palabras e máxima de 300. Deberá estar escrito en Times New Roman, tamaño 12 puntos e interliñado de 1,5.
Os relatos enviaranse en formato .DOC, .DOCX ou .ODT ao enderezo de correo electrónico: certame.relatocurto@nontedurmas.org
4º Enviaranse dous arquivos no mesmo correo:

1. Denominado DATOS (este arquivo é para a organización) no que figurará o relato completo e os seguintes datos do/a participante:
• o pseudónimo utilizado
• o nome e apelidos do autor/a
• o curso do alumno/a
• o centro escolar onde estuda o alumno/a
• o correo electrónico persoal
• o teléfono persoal
• o relato
2. Denominado RELATO (este arquivo é para o xurado) no que figurará:
• o título do relato
• o relato
• o pseudónimo utilizado
• a categoría (primaria, secundaria, bacharelato/formación profesional
ou adultos).

5º O prazo de envío dos textos finalizará o 29 de marzo de 2020.



No hay comentarios:

Publicar un comentario