Boas tardes a todos e todas!
Antes de nada, felicitar a todos os pais, nais, alumnos e alumnas polo esforzo que estades mostrando durante esta primeira semana de corentena. É importante, a pesar das circunstancias, non deixarnos levar polo desanimo e facer un pequeno esforzo cada día, pois todos xuntos sairemos máis reforzados desta situación. Moito ánimo!!! Sodes uns campións e campioas!!! 😀💪🙌
A continuación deixámosvos as novas tarefas escolares a realizar ata despois de Semana Santa. Recordade, non as debedes facer todas de golpe, nin deixalas para o último día!!! 🙏 Sería recomendábel distribuílas por días seguindo o horario habitual da clase.🕐
Estas tarefas son para comezar con elas mañá, martes 24 de marzo.
NOVAS TAREFAS ESCOLARES PARAS 5ºA E 5º B
A profesora de inglés déixavos esta mensaxe:
Bos días a tod@s:
Para os que xa remataran as actividades dos libros, ou para os que por calquera razón non os puideron facer, envíovos esta proposta de actividades que podedes imprimir ou facer directamente na libreta ou nun folio.
Un saúdo e moito ánimo.
NOVAS TAREFAS DE INGLÉS
Se tedes calquera dúbida ou problema, poñédevos en contacto con nós a través do correo electrónico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario