martes, 31 de marzo de 2020

LIBROS DE LECTURA PARA DESCARGAR GRATUÍTOS


Deixámosvos o enlace a unha páxina web onde podedes descargar libros de lectura gratuítos. Hai libros de diferentes editoriais: Baía Edicións, Bruño, Anaya, Xerais, Santillana...

https://bibliolulu.blogspot.com/

Ademais a Xunta de Galicia abriu a todo o público o seu catálogo dixital con máis de 4.500 obras. Podedes acceder ao préstamo de todos os contidos dixitais da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Isto inclúe libros en galego e castelán, e noutros idiomas como inglés. Tamén tedes acceso a máis de 3000 obras audiovisuais galegas e publicacións de revistas.

Como podedes acceder?
 É sinxelo, só tedes que entrar no portal https://www.galiciale.gal/ e rexistrarte como usuario cubrindo os teus datos persoais.


Agora que tedes tempo para ler e está a piques de chegar Semana Santa é un momento espectacular para ler todos os días un pouquiño. Sabedes que a lectura é moi beneficiosa para nós: mellora a expresión oral e escrita, desenvolve a nosa imaxinación e creatividade, mellora a comprensión lectora, desenvolve a nosa personalidade... Por este motivo, é necesario adquirir un hábito de lectura diaria.

Botádelle unha ollada!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario