lunes, 19 de octubre de 2020

A CIRCULACIÓN II. CIENCIAS NATURAIS

 A CIRCULACIÓN DO SANGUE

O proceso circulatorio é un circuito pechado que se inicia e finaliza no corazón. 

O corazón latexa sen parar, realizando dos movementos, que impulsan o sangue por todo o corpo: 

- DÍASTOLE - RELAXACIÓN

-SÍSTOLE - CONTRACCIÓN 

As cavidades dereitas (aurícula e ventrículo dereito) son as que impulsan o sangue que contén as substancias de refugo ata os pulmóns, para a súa eliminación. 

Nos pulmóns recóllese o osíxeno captado polo aparello respiratorio e o sangue osixenado introdúcese no corazón pola aurícula esquerda, sendo impulsada cara o corpo dende o ventrículo esquedo. 

Así, o sangue con residuos chega á aurícula dereita a través  das veas pulmonares e respártese por todo o corpo a partir da artería aorta. 


Todo o proceso circulatorio divídese en dúas partes que se denominan: 

Circulación xeral: Percorrido que realiza o sangue por todo o corpo, excepto polos pulmóns. 

O sangue chega co osíxeno á aurícula esquerda e pasa ao ventrículo esquerdo. Este contráese (sístole) e impulsa o sangue fóra do corazón pola arteria aorta. De aquí repártese a todos os órganos a través de arterias cada vez máis finas ata chegar aos capilares onde cede o osíxeno e os nutrientes e recolle o dióxido e as substancias de refugo. Os capilares reúnense para formar veas, estas vanse unindo para formas veas cavas que desembocan na aurícula dereita. 


Circulación pulmonar: É o percorrido do sangue para pasar polos pulmóns. O obxectivo e que o sangue se cargue de osíxeno e libere o dióxido de carbono. 

O sangue que se atopa na aurícula dereita  pasa ao ventículo dereito porque se relaxa (díastole). Ese se contrae (sístole) e impulsa o sangue polas arterias pulmonares chegando ata os capilares que rodean os alvéolos pulmonares para realizar o intercambio gasoso. Unha vez realizado, o sangue volve á aurícula esquerda a través das veas pulmonares. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario