A CIRCULACIÓN
A circulación encárgase de repartir por todo o corpo o osíxeno e os nutrientes e de recoller o dióxido de carbano e as substancias de refugo.
O aparello circulatorio está formado polo sangue, os vasos sanguíneos e o corazón.
- O sangue: Ten dúas partes:
- Plasma (líquido): nutrientes, substancias de refugo, dióxido de carbono...
- Células (sólido): glóbulos vermellos (osíxeno), glóbulos brancos (defensa), plaquetas (pechar feridas).
- Vasos sanguíneos: condutos polos que circula o sangue. Tipos:
- Veas: Levan o sangue dende os órganos ao corazón.
- Arterias: Levan o sangue dende o corazón aos órganos.
- Capilares: Conducen o sangue polo interior do corpo.
-Corazón: Órgano musculoso que latexa continuamente para impulsar o sangue por todo o corpo. Está situado entre os pulmóns e protexido pola caixa toracica.
O corazón está divido en dúas metades separadas por un tabique continuo.
Cada metade (dereita e esquerda) ten dúas cámaras: AURÍCULA (chegan as veas) E VENTÍCULO (saen as arterias).
Cada aurícula comunícase co ventrículo do seu lado a través dunha válvula.
No hay comentarios:
Publicar un comentario