jueves, 11 de junio de 2020

Corrección martes 9 xuño

MATEMÁTICAS
Página 246 

LINGUA 
Páxina 216
Exercicio 1: • Os sufixos que achegan a idea de ‘grande’ chámanse aumentativos.
• Utilízanse os dous puntos (:) nos seguintes casos: para introducir unha enumeración que se anuncia; antes de citar as palabras exactas que dixo alguén; e nas cartas, despois do saúdo.

Exercicio 3:  RM. • casaza. • actorazo. •xogadorazo. • homazo.

Exercicio 5:  • aqueles (demostrativo), montes (substantivo), afastados (adxectivo). • os (artigo), alimentos (substantivo), saudables (adxectivo). • as (artigo), miñas (posesivo), amigas (substantivo) brasileiras (adxectivo).

SOCIAIS
Páxina 141
Exercicio 1:  • No século xviii reinaron Filipe V, Fernando VI, Carlos III e Carlos IV. • Pertencían á dinastía dos Borbóns. • É un gran movemento cultural que xurdiu no século xviii e que defendía a creación dun mundo novo e unha nova ciencia baseada na razón.

Exercicio 2:  Educación cívica. R. L. A lei sálica foi promulgada por Filipe V en 1713 e establecía que as mulleres só poderían herdar o trono se non había herdeiros homes. A súa intención era evitar que a dinastía dos Austrias puidese recuperar o trono de España pola liña feminina.

No hay comentarios:

Publicar un comentario