👀CARTA A UN COMPAÑEIRO/A👀:
Imos facer unha cadea de envío de cartas. Estes meses foron duros e queremos que, a través dunha carta, contedes a vosa experiencia durante todo este tempo. A túa carta enviarase a un compañeiro ou compañeira e ti tamén recibirás unha.
Pedímosvos que escribades a carta en formato dixital (Word), así é máis fácil facer logo o intercambio. Se non é posible, podedes escribila non folio (con boa presentación e letra lexible) e mandar unha fotografía (pero, por favor, unha foto con calidade, sen sombras, enfocada...).
A carta será anónima (non poñades o voso nome) e non está destinada a ningún compañeiro ou compañeira en particular.
A extensión mínima será dunha carilla.
Recordade as partes da carta: saúdo, corpo (onde explico o que quero contar) e despedida.
De que podo falar? Nela podedes contar todo o que queirades ao voso amigo/a. Por exemplo, que sentistes no colexio o último día, que fixestes durante o confinamento, como foi a primeira saída, que planes tedes para o verán... O que se vos ocorra.
Utilizade puntos para facer frases curtas e, moi importante, lede a carta antes de enviala para saber se ten sentido e enténdese o que escribistes.
Tedes ata o mércores ás 14 horas para enviar as cartas.
A actividade é obrigatoria, xa que non sería xusto que algún compañeiro ou compañeira quedara sen a súa carta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario