OS RÍOS DE ESPAÑA
XOGOS PARA REPASAR:
RÍOS DE ESPAÑA, VERTIENTE CANTÁBRICA
RÍOS DE ESPAÑA, VERTIENTE MEDITERRÁNEA Y ATLÁNTICA
OS RÍOS DE ESPAÑA
XOGOS PARA REPASAR:
RÍOS DE ESPAÑA, VERTIENTE CANTÁBRICA
RÍOS DE ESPAÑA, VERTIENTE MEDITERRÁNEA Y ATLÁNTICA
A CIRCULACIÓN DO SANGUE
O proceso circulatorio é un circuito pechado que se inicia e finaliza no corazón.
O corazón latexa sen parar, realizando dos movementos, que impulsan o sangue por todo o corpo:
- DÍASTOLE - RELAXACIÓN
-SÍSTOLE - CONTRACCIÓN
As cavidades dereitas (aurícula e ventrículo dereito) son as que impulsan o sangue que contén as substancias de refugo ata os pulmóns, para a súa eliminación.
Nos pulmóns recóllese o osíxeno captado polo aparello respiratorio e o sangue osixenado introdúcese no corazón pola aurícula esquerda, sendo impulsada cara o corpo dende o ventrículo esquedo.
Así, o sangue con residuos chega á aurícula dereita a través das veas pulmonares e respártese por todo o corpo a partir da artería aorta.
Todo o proceso circulatorio divídese en dúas partes que se denominan:
Circulación xeral: Percorrido que realiza o sangue por todo o corpo, excepto polos pulmóns.
O sangue chega co osíxeno á aurícula esquerda e pasa ao ventrículo esquerdo. Este contráese (sístole) e impulsa o sangue fóra do corazón pola arteria aorta. De aquí repártese a todos os órganos a través de arterias cada vez máis finas ata chegar aos capilares onde cede o osíxeno e os nutrientes e recolle o dióxido e as substancias de refugo. Os capilares reúnense para formar veas, estas vanse unindo para formas veas cavas que desembocan na aurícula dereita.
Circulación pulmonar: É o percorrido do sangue para pasar polos pulmóns. O obxectivo e que o sangue se cargue de osíxeno e libere o dióxido de carbono.
O sangue que se atopa na aurícula dereita pasa ao ventículo dereito porque se relaxa (díastole). Ese se contrae (sístole) e impulsa o sangue polas arterias pulmonares chegando ata os capilares que rodean os alvéolos pulmonares para realizar o intercambio gasoso. Unha vez realizado, o sangue volve á aurícula esquerda a través das veas pulmonares.
A CIRCULACIÓN
A circulación encárgase de repartir por todo o corpo o osíxeno e os nutrientes e de recoller o dióxido de carbano e as substancias de refugo.
O aparello circulatorio está formado polo sangue, os vasos sanguíneos e o corazón.
- O sangue: Ten dúas partes:
- Plasma (líquido): nutrientes, substancias de refugo, dióxido de carbono...
- Células (sólido): glóbulos vermellos (osíxeno), glóbulos brancos (defensa), plaquetas (pechar feridas).
- Vasos sanguíneos: condutos polos que circula o sangue. Tipos:
- Veas: Levan o sangue dende os órganos ao corazón.
- Arterias: Levan o sangue dende o corazón aos órganos.
- Capilares: Conducen o sangue polo interior do corpo.
-Corazón: Órgano musculoso que latexa continuamente para impulsar o sangue por todo o corpo. Está situado entre os pulmóns e protexido pola caixa toracica.
O corazón está divido en dúas metades separadas por un tabique continuo.
Cada metade (dereita e esquerda) ten dúas cámaras: AURÍCULA (chegan as veas) E VENTÍCULO (saen as arterias).
Cada aurícula comunícase co ventrículo do seu lado a través dunha válvula.
AS COSTAS DE ESPAÑA
España ten unha ampla costa bañada polo mar Cantábrico, o océano Atlántico e o mar Mediterráneo.
A costa de España divídese en 3 sectores:
- A costa cantábrica
- A costa atlántica.
- A costa mediterránea.
A COSTA CANTÁBRICA
Está ao norte da Península Ibérica e esténdese desde a fronteira de Francia ata a Punta de Estaca de Bares.
Inclúe o País Vasco, Cantabria, Asturias e parte de Galicia.
É unha costa acantilada, con amplas rías (Ría de Nalón) e poucas praias.
Accidentes xeográficos máis importantes: